Xornada de limpeza e avaliación dos danos ocasionados polo desbodamento do Río Lérez na Pobra do Caramiñal. Alomenos unha vintena de vivendas resultaron anegadas polas fortes chuvias caídas onte, ata 15 litros por metro cadrado en só 10 minutos. Un torrente de auga chegou nalgúhas casas aos dous metros de altura. Os veciños non recordan nada igual e culpan á falta de limpeza dos cauces | Os Ministros de Interior de España e Portugal inauguran en Tui un novo centro policial transfronteirizo, para mellorar a colaboración na loita contra o crime organizado e o narcotráfico. Ocorre xusto no día en que se coñece unha nova operación con nove detidos e a inacutación de máis dunha tonelada de cocaína nun barco no porto de Vigo | A Asociación Alas, que incluiu a homofobia como agravante no Xuízo polo crime de Samuel LUiz, valora positivamente a setenza que condena aos culpables a penas de entre 20 e 24 anos.O colectivo en defensa dos dereitos LGTBI non descarta, sen embargo, a apelar a sentenza