A Xunta activa o nivel dous de alerta pola marea de pélets de plástico detectados xa nuns trinta areais de Galicia. O Goberno central pedía que se adoptase esta medida para poder colaborar nas tarefas de limpeza | Os grupos da oposición critican a actuación da Xunta e reclaman máis información sobre os materiais, mentres os populares acusan á oposición de facer un uso partidista deste asunto | A cidade de Lugo, pendente da decisión sobre quen substituirá a Lara Méndez a fronte da Alcaldía, trala súa retirada para ir de número dous na candidatura socialista ás eleccións autonómicas | Baixa laboral sen necesidade do informe do médico de familia. É unha medida reclamada polos facultativos para evitar a saturación que se produce nos centros asistenciais durante os picos de demanda 09-01-24