O repunte nos casos de gripe ...está a facer aumentar os ingresos hospitalarios, que se incrementaron nun 10% con respecto ó habitual nestas datas.  A situación obrigou no hospital de Ourense a abrir 106 camas máis ...e a pedirlle a 8 médicos que adiantasen a volta das vacacións O contrato logrado polo estaleiro publico de Navantia para que se constrúan en Ferrol  29 pezas para un parque eólico no Mar Báltico vai supor a entrada da industria galega... no sector enerxético de Alemaña. Ademais do estaleiro de Fene, traballará nese proxecto , a firma viguesa Grúas Ferri, cun pedido  de 7 millóns de euros.   Os técnicos da Consellería do Mar comezaron a usar un novo método para o control da maioría  das toxinas do mexillón e doutros moluscos. É un procedemento químico  que reemplaza ao uso de ratos de laboratorio para contrastar a existencia das mareas vermellas. (09/01/15)