Máis de 5.000 pacientes están diagnosticados en Galicia dalgunha enfermidade das consideradas raras, que afectan a poucas persoas e son difíciles de identificar. A Xunta pon en marcha un plan de 400 millóns de euros para mellorar o diagnóstico e a atención aos afectados | As asociacións en defensa da sanidade pública van aumentar nos próximos meses as protestas polo peche de camas nos hospitais durante o verán e polo aumento das listas de agarda en atención primaria. Denuncian que o trinta por cento dos usuarios que van aos centro de saúde, marchan sen obter asistencia | En Lugo, buscan un novo pavimento para o paseo da muralla. Van probar, durante dous anos, tres tipos diferentes de firme que imitan os que facían os romanos, para ver cal se axusta mellor a esta muralla, que é patrimonio de humanidade | Nenos saharauís que veñen dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria, pasarán o verán con familias de acollida galegas, aproveitando tamén para recibir a atención médica que no