O delegado do goberno confirma a detención dunha cuarta persoa en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que non coñecía de nada á vítima, igual que os otros tres detidos anteriormente, que mañá pasarán a disposición xudicial. Todos son de nacionalidade española e non teñen antecedentes penais. // Novo salto dos casos activos en Galicia, que son xa 3.231. É a maior cifra dende o pasado 29 de abril, tralo aumento derivado da Semana Santa. Os novos contaxios detectados ascenden a 412, un número que non se rexistraba dende febreiro pasado. A incidencia acumulada supera xa os 100 casos por 100.000 habitantes. .// O Festival de Cans, o da Luz, Cineuropa ou o Marisquiño.... Ata 27 dos principais eventos culturais que se celebran en Galicia suscribiron hoxe o Pacto de Cultura Sustentable. Unha iniciativa internacional para que disfrutar dos espectáculos sexa máis compatible co respecto ao medio ambiente. 08-07-2021