Unha explosión destrúe a casa dun matrimonio de anciáns en Parga,Guitiriz, estando eles dentro. Unha acumulación de gas dentro da vivenda provocou a explosión. Os dous anciáns foron trasladados o hospital,un deles está grave. O exconselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández tomou posesión da alcaldía de Santigo, en relevo de Ángel Currás, que renunciou a raíiz da crise aberta no seu goberno, do PP, por diversos litixios xudiciais.A nova lei de educación, a Lomce, vai facer legais as axudas da Xunta a centros privados que separan os alumnos segundo o sexo. Dese xeito, di a consellería de educación, quedará sen efecto a sentenza do Tribunal Supremo que anula eses concertos educativos. O sindicato CIG, que presentou a demanda, pide a demisión do conselleiro. A rede wifi gratuía do concello de Ourense pendente do escándalo de Gowex. O concello vai estudar como lle pode afectar ao servizo a entrada en concurso de acredores da firma despois de que o máximo responsable afirmara que falsear