Desviado o tráfico na A6, en ambos sentidos a altura de Pedrafita, polo derrubamento dunha sección de 50 metros do viaduto do Castro, que estaba a ser reparado. Os técnicos estudan agora posibles fallos estruturais na cimentación para aclarar cómo puido producirse a caida. // Mais da metade da poboación galega ten sobrepeso ou é obesa. Unha preocupación que leva a Xunta a presentar un programa para loitar contra esta enfermidade con exercicio físico e alimentación saudable. // Os médicos de urxencias reclaman, nun congreso en Vigo, a creación dunha especialidade propia para solucionar a falla de profesionais nos servizos de atención primaria. // Descobrir os misterios do fondo do mar, dende propia casa. E a proposta dun deseñador de videoxogos de Pontevedra, da que hoxe coñecemos as primeiras imaxes, no Día Mundial dos Océanos.. 08-06-22