Declaran no xulgado en Santiago os 6 detidos pola policía en relación cos incidentes da manifestación dos mariñeiros da flota do cerco do pasado 11 de marzo. Trátase de persoas relacionadas con grupos radicais independentistas e impútanselles delictos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade, lesións e danos // Chega ao Congreso a loita dunha muller viguesa que sofre cancro. Beatriz Figueroa entregou esta mañá en Madrid 380.000 sinaturas para pedir axudas sociais para os enfermos coma ela, mentres non poden traballar. Denuncia que leva 2 anos e medio cobrando un subsidio de 426 euros, co que ten que pagar o 40% dos medicamentos // O mercante Baltic Breeze navega cara a Arxelia. O seu capitan declarou onte como imputado no sinistro xunto o segundo oficial e o encargado de seguridade que declararon coma testemuña no xulgado de Vigo que investiga o naufraxio do Mar de Marín no que morreron 5 tripulantes. A busca dos 2 desaparecidos reanudarase mañá. 08/04/14