Os sindicatos lácteos pídenlle ao presidente da Xunta un compromiso para lograr que as industrias deixen de pagarlle aos gandeiros galegos, polo leite, menos do que custa producilo. // Comeza para os comerciantes a campaña de Nadal, unhas semanas nas que ingresan entre o 20 e o 30 % da facturación anual. Este ano non son optimistas. // Primeira xornada de folga nos Paradores de toda España para frear o ERE presentado pola empresa. En Galicia suporía o despedimento de 85 traballadores e o peche dos establecementos de Verín e Ferrol. // O Alcalde de Pontevedra di non temer o recurso contra a paga de produtividade que o concello lles aboou aos seus funcionarios. // Volve a Liga. O Celta xoga este domingo en San Mamés e o Deportivo viaxa a Madrid para enfrontarse ao Atlético. // Folgoso do Courel: O primeiro nacemento na aldea de Froxán desde hai trinta anos. 07/12/12