O desplome dos termómetros, que xa empezamos a notar durante a fin de semana marca a actualidade deste luns de novembro. A neve caeu por debaixo dos mil metros e nas próximas horas tenderá a remitir e xa só caerá por riba dos mil cen metros. O Delegado do Goberno, Santiago Villanueva, pide a colaboración cidadá para deter ao autor de dúas supostas violacións de mulleres en Lugo. Villanueva dixo que hai un dispositivo policial para tratar de deter ao autor dos asaltos Xulgan en Vigo a un asesor financieiro acusado de apropiarse de preto de catro millóns de euros dunha empresa de granito. Cantidades que lle entregaron para ingresar en paraisos fiscais. (07/11/16)