Presta declaración no xulgado de Cangas o home acusado de matar súa parella que apareceu aboiando a carón dun coche caído ao mar en Moaña, un crime confirmado como violencia de xénero. El resultou ferido e, tras ser hospitalizado en Vigo foi dado de alta, e posto a disposición xudicial |O concello coruñes de Muxía conta con novo alcalde, é o independente Javier Sar, tras prosperar esta mañá a moción de censura contra o socialista Iago Toba. Unha moción que contou co apoio dos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG, ainda que esta última ten aberto un expediente disciplinario do partido | Os colectivos contrarios a planta de Altri en Palas de Rei denuncian que a Xunta está a enviar requerimentos aos particulares que presentaron as 23.000 alegacións contra ao proxecto, para tratar de anulalas. O presidente da Xunta asegura que a maioría desas alegacións teñen unha finalidade política | Siguen as repercusións aos disturbios relac