Loito e emocionado silencio na Xunta en memoria do falecido conselleiro de Facenda. Alberto Núñez Feijóo e tódolos seus conselleiros, xunto co equipo máis próximo a Valeriano Martínez, e centos de traballadores da Xunta, gardaron este mediodía un minuto de silencio, que acabou prolongándose ata cinco, e rematou cun longo aplauso. // Voluntarios que saquen a pasear en triciclo a persoas maiores ou con mobilidade reducida. É no que consiste o proxecto da Afundación chamado"Pedalear e Conversar", presentado hoxe na Coruña e que está presente en 50 países do mundo. Para a primavera o plan é de estendelo ao resto de Galicia. // Os traballadores de Alu Ibérica da Coruña concentráronse na Praza de María Pita para demandar solucións á súa situación. Temen polo futuro da factoría, actualmente en mans dun administrador concursal, logo do fracaso da xestión a raiz da súa venda por Alcoa...//. 07-10-2021