Así de gráficamente describe este membro do Comité Clínico a situación epdemiolóxica que levou a a aprobar as novas restriccións en Ourense. Dende esta noite non se poderá entrar ou sair sen xustificante na Capital e en Barbadás. // os casos activos rexistrados no último balance da consellería de Sanidade baixan en 58, e son un total de 4.068. O número total de vítimas mortais elévase a 769, logo do falecemento de catro persoas nas últimas horas. //Empatía e capacidade para escoitar. É, din, o segredo do traballo dos rastrexadores militares da Brilat, que colaboran co Sergas, a un ritmo dunhas 3.000 chamadas diarias. //A raíña Letizia inaugura en Santiago o curso escolar da Formación Profesional. Destaca o crecente interés das empresas que buscan traballadores entre os alumnos desta modalidade educativa. 07/10/20