Cinco incendios seguen activos na provincia de Ourense, onde levan queimadas, dende onte, máis de tres mil hectáreas. O máis procupante é o que lle afecta ao concello de Entrimo, onde os medios de extinción tratan de evitar que afecte a aldeas que teñen as lapas moi próximas ás vivendas // A compañía eléctrica Iberdrola asina esta tarde con Navantia un novo contrato para fabricar 30 grandes soportes para aeroxeradores dun parque eólico mariño no Reino Unido. Suporá máis de 1 ano de carga de traballo para a factoría de Navantia en Fene // A Garda Civil que investiga a desaparición de Diana Quer, na Pobra do Caramiñal, trata de averiguar qué medio puido transportar á moza fora da localidade, una vez que toma forza a hipótese de que volveu a casa, dende a festa. 07/09/16