O veterano Miguel Santalices repite ccomo presidente do Parlamento de Galicia na undécima lexislatura, que hoxe comenzou, con especiais medidas sanitarias e cun recordo especial para as vítimas do coronavirus. Os traballadores de Alcoa acudiron á Camara a reclamar presión sobre a empresa para que negocie a venda da Planta de Aluminio ao grupo Liberty. //Galicia suma 444 casos activos, tras ser detectados 32 máIs Nas últimas 24 horas. Na área sanitaria da Coruña, onde se rexistra o brote relacionado cun ximnasio de Arteixo, os contaxios suben a 177. A Xunta estuda medidas de restricción. Tamén aumentan os pacientes hospitalizados: xa son 21 en unidades convencionais e sigue habendo 2 en UCI. //O Deportivo presentará en Riazor 14 xogadores profesionais para enfrentarse co Fuenlabrada, 18 días despois, nun partido declarado de alto risco pola situación sanitaria. O Club fai un chamamento a evitar incidentes que puderan perxudicar a batalla nos despachos pola permanencia. (07/08/2020)