Unha tradición de máis de tres séculos que estrea o título de Ben de Interese Cultural. Sabucedo, a aldea da Estrada, de 40 veciños, recibe estes días máis de 20.000 visitantes que celebran un espectáculo que serve para coidar dos cabalos do monte. Este mediodía foi a última rapa deste ano | A Xunta decidiu hoxe destinar unha partida de 50 millóns de euros á formación de persoas desempregadas, e outra de 5 millóns para promover o emprendemento feminino. Foi nunha reunión do Goberno galego que tamén aprobou oficialmente a concesión da medalla de ouro de Galicia á princesa Leonor | Os traxes que debuxou Castelao fanse reais nunha exposición que hoxe abre en Santiago. Unha actividade encadrada na celebración do ano Castelao. Tamén imos coñecer un pouco máis de Virxinia Pereira, a muller do intelectual e político de Rianxo | Un grupo de veciños da vila ourensá de Celanova participa esta noite na estrea da nova temporada do programa de TVE o Grand Prix do verán