No Porriño, a conmoción invade aos veciños pola morte dun bebé de dous anos, que quedou dentro do coche, no aparcamento ao aire libre da planta farmacéutica onde traballa a sua nai. O esquecemento non foi descuberto ata horas despois. // A folga dos traballadores do metal da provincia de Pontevedra convértese en indefinida. Os sindicatos presionan así á patronal, logo dunha nova xornada de protestas que acabou cun detido por resistencia e desobediencia. // Xa coñecemos o himno do Centenario do Celta, composto por C.Tangana. O artista asumiu o reto como homenaxe ao seu pai, vigués e celtista, baseandose na música tradicional galega. O resultado descoloca aos que o escoitan por primeira vez. 07-07-2023