Unha representación dos sudarios das 15.000 nenas e nenos que levan morto no conflito de Gaza, forma parte de “Acampa pola paz”, que arranca hoxe na Coruña, para denunciar as violacións dos dereitos humanos que levan consigo as guerras | O conselleiro de Sanidade defende que a lei permite que os médicos residentes en formación pasen consulta sen supervisión, ainda que intentarán, di, que non sexa necesario | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións. Advirten que estudan darse masivamente de baixa no servizo | Os amantes das plantas teñen esta tarde una cita en PLANTFEST, un evento ,promovido por dúas emprendedoras, con moito éxito na sua actividade a través das redes. Buscan crear un espazo para compartir materiais e coñecementos de todo o relacionado con mundo vexetal |