Arrancan as probas da ABAU, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // o Rei Xoan Carlos non estará finalmente esta fin de semana en Sanxenxo para participar nas regatas. Así o decidíu, segundo fontes cercanas, trala longa conversa co seu fillo Filipe VI, o día 23 de maio, antes de marchar de regreso a Abu Dabi, logo dos días que pasou na localidade pontevedresa, rodeado dunha gran seguemento mediático // O patrón do Villa de Pitanxo non poderá saír do país. Así o decidiu o xuiz da Audiencia Nacional que interrogou aos tres sobreviventes. Juan Padín, investigado por 21 homicidios, insiste en que deu a orde para que todos puxeran os traxes de supervivencia. // Os segredos de The Beatles, recreados como nunca en Ourense, nunha mostra considerada das máis amplas realizadas ata agora sobre o mítico cuarteto de Líverpool . 07-06-22