Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home. É a vítima 73 da violencia de xénero en Galicia dende que hai rexistros | Alfonso Rueda di que a manifestación a prol da sanidade pública está moi politizada e a oposición acúsalle de non escoitar á xente e apóiase en datos | Santiago acolle un foro de profesionais para prevenir e detectar casos de abusos sexuais na infancia coincidindo coa detención en Ribeira dun home acusado de distribiur pornografía infantil | Doce anos e medio de prisión para a muller que matou a Leticia Sanabria en Valdeorras hai catro anos. O xurado popular considera probado que a asfixiou co agravante de abuso de superioridade | Sindicatos solicitan una reunión urxente con Inspección de Traballo para abordar a situación da fábrica de Sargadelos de Cer