Os hosteleiros galegos auguran unha moi boa ocupación, nesta semana santa. Nas zonas máis turísticas, entre o xoves santo e domingo de Pascua, rozarán o cheo. Santiago, Ferrol e Viveiro ou as Rías Baixas son algúns dos destinos máis solicitados // O goberno galego está a elaborar unha lei de augas termais para ordenar os recursos do sector e poñelo en valor. Anunciábao esta mañá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto de inauguración das novas instalacións do balneario de Caldas de Partovia, no Carballiño // A casa e a granxa dun tratante de Vilalba e unha empresa de curtidos de Monforte figuran entre as instalaciòns rexistradas pola Garda Civil dentro dunha operación contra a fraude na carne de cabalo, con 20 detidos en toda España. 07/04/17