O "Baltic Breeze" empezou xa a recibir carga para poder zarpar do Porto de Vigo. É barco mercante contra o que bateu o pesqueiro "Mar de Marín" que se afundiou o martes na entrada da Ría, fronte ás Illas Cíes. Antes de que parta, o seu capitán e os mariñeiros que estaban na ponte de mando a noite do naufraxio terán que prestar declaración // Recuperado o corpo de Manuel María Tajes, mecánico de 49 anos levaba desaparecido dende o naufraxio do Santa Ana o 10 de marzo. Era o último dos mariñeiros que faltaba por aparecer logo daquela traxedia que se cobrou a vida de sete compañeiros seus e na que só houbo un supervivente // Comezou na Audiencia Provincial da Coruña o xuizo contra un matrimonio de Pontedeume por apuñalar a un mozo de 17 anos que entrou na súa casa en xullo de 2011. O menor morreu desangrando logo de fuxir. 07/04/14