O Complexo Hospitalario de Vigo asegura que a muller de 81que faleceu no servizo de urxencias do Hospital Xeral, morreu súbitamente e sen alarma previa, e desvincula a súa morte do colapso en Urxencias dende o domingo, por un repunte de infeccións respiratorias. Unha conclusión que tamén é defendida pola Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera // A planta de Citroen de Vigo prevé fabricar este ano 100.000 coches mais que o pasado, ata chegar aos 400.000 vehiculos. Ese incremento da producion conlevará a contratacion temporal duns 150 traballadores // A Xunta xa tén elaborado o proxecto de lei de emprendemento. Permitirá a tramitación de novas empresas en 30 días e a súa constitución en 48 horas. O Consello tamén analizou os primeiros cen días do novo goberrno no que salienta, segundo Núñez Feijóo, o afianzamento do autogoberno gracias á aprobación dos orzamentos en tempo record. 07/03/13