Os agricultores e gandeiros de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas seguirán mobilizándose ata mañá. Cos seus tractores van percorrer os polígonos industriais para despois regresar á cidade a pasar a noite | Volve a calma ao barrio coruñes de Monte Alto despois da protesta duns 300 veciños contra o que consideran un "narcopiso". A protesta rematou coa porta da vivenda rota e cos okupas desaloxados | Entrega en Pontevedra dos Premios da Cultura Galega deste ano, que recoñecen a poeta Yolanda Castaño, e o investigador Eduardo Pardo de Guevara. Galardoado tamén o Museo do Gravado de Ribeira, os cursos de Galego sen Fronteiras, a asociación Ponte nas Ondas e a banda de música de Guláns | En plena temporada do cocido, falamos con Xosé María Paz Gago, galardoado co premio de Xornalismo Gastronóm