As imaxes do rescate, das balsas salvavidas, aos once tripulantes do palangreiro de Ribeira "Costero Segundo", que onte se afundiu fronte á costa de Cartaxena. // Os empresarios do sector metalúrxico galego confían en que Barreras e Navantia pechen nas próximas semanas o financiamento para construír os dous floteis para a petroleira Pemex. // O goberno galego aprobou un novo convenio coa sociedade dos pequenos estaleiros, Pimar, polo que se poñen a disposición das empresas do naval sesenta millóns de euros para usar como avais. // José Luis Baltar declárase inocente e acusa aos funcionarios da Deputación de Ourense de contratar irregularmente a 104 persoas previamente seleccionadas por el. // Pontevedra, premiada pola Unión Europea como exemplo de mobilidade peonil. // Virxilio Viéitez. O retrato da sociedade galega da segunda metade do século XX, en Madrid. 07/02/13