Música e flores en homenaxe a Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres para conmemorar o 75 cabodano do político, artista e intelectual rianxeiro | O BNG comezou a celebración do Ano Castelao en Pontevedra. A portavoz nacional, Ana Pontón, asegura que o Bloque levará ao Parlamento a proposta de recoñecer a Castelao de xeito oficial e legal como primeiro presidente de Galicia | Comezan as rebaixas de xaneiro na maioría dos comercios. Estímase que cada galego gastará nestas rebaixas entre 80 e cen euros, un pouco máis que nas do ano pasado | A Xunta fai un balance positivo da cantidade de turistas que nos visitaron durante o Nadal. Asegura que Galicia se está consolidando como un destino turístico nestas datas, despois dun ano que bateu marcas en número de visitantes