Naufraxio do arrasteiro galego "Piedras", con base en Marín, ao sufrir unha vía de auga mentres faenaba a unhas 60 millas da costa de Irlanda, en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // Traballadores da hostalaría denuncian as codicións laborais, con salarios por debaixo do pactado e incumprimento da normas sobre horarios e descansos. Mentres, os empresarios do sector falan de dificultades para atopar persoal. // // No día do leite, os productores destacan que Galicia é a orixe do corenta por cento do que se consume en España. Un grupo de 29 granxeiros forman a primeira organización adicada ao leite ecolóxico. // Presta declaración ante o xuíz o home acusado da brutal agresión en Carballo á muller que continúa ingresada grave, con traumatismo craneoencefálico. 01-06-22