Unha gasolineira lucense, situada no Corgo, ténse convertido en centro de atención política, logo de facerse públicas as fotos dunha renión alí entre o alcalde socialista de Becerreá, Manuel Martínez, e a expresidenta da deputación lucense, Elena Candia, do Partido Popular. A Axencia Española do Medicamento asegura que vai abastecer o mercado cunha comercialización excepcional da vacina da meninxite B, ante as dificultades para conseguir doses. As farmacias galegas acumulan longas listas de pedidos que poderían empezar atender con normalidade no mes de decembro. Seguen as obras de ampliación da autoestrada do atlántico. As máis espectaculares, as que se levan a cabo para aumentar a capacidade da Ponte de Rande. Os traballos céntranse na cimentaciòn do viaducto da marxe sur da ría e en labores de enxeñeiría. (06/11/15)