O xuizo do Alvia queda aprazado ata dentro dunha semana, trala declaración do maquinista, Francisco José Garzón, que dixo que cando ocorreu o sinistro non había sinais de advertencia na curva de Angrois e rematou volvendo pedir perdón ás vítimas. // A Comisión Europea rectifica e permite agora a actividade nas zonas con calados inferiores a 400 metros. Anunciouno o ministro Luís Planas na clausura de Conxemar. // o Edificio Impulso Verde, no barrio ecolóxico da Garaballa, en Lugo, a primeira construcción pública de Galicia realizada íntegramente con madeira galega. Emite un 90 por cento menos de C02 que outros semellantes construidos de formigón ou aceiro. // As persoas con parálise cerebral celebran o Día Mundial cunha campaña de reivindicación para que se respecten as suas preferencias e a tomar decisións sobre a sua vida. 06-10-22