O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría. A Xunta de accionistas da entidade, herdeira das caixas de aforros aprobou hoxe a operación, consistente nunha ampliación de capital de Abanca. O grupo resultante convértese no décimo banco español polo volume dos seus activos // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. Un irmán da vítima co que convivía logrou fuxir das lapas que puideron comezar o deixar un deles unha vela acesa. 06/10/14