O incendio que obrigou a desaloxar veciños de Corme Aldea, en Ponteceso, leva queimadas unhas 60 hectáreas | Hoxe mércores estamos no cuarto día dunha vaga de calor que se vai prolongar. Un colectivo que sofre especialmente estes episodios de altas temperaturas é o das persoas sen fogar. En Vigo propoñen que o Concello habilite un polideportivo municipal para que se poidan refuxiar | Polémica entre o Concello de Santiago e a Xunta, tras rexeitar a administración autonómica a petición municipal de declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado. O Concello di que non hai razóns técnicas nin xurídicas que xustifiquen o rexeitamento