David Oubel, o acusado de terlles dado morte ás súas fillas en Moraña compareceu hoxe nos xulgados de Caldas onde foi sometido a unhas probas consideradas imprescindibles e urxentes pola xuíza que instrúe o caso // A Xunta investirá 400 millóns de euros na ampliación da planta de Sogama na localidade coruñesa de Cerceda. Aumentará a súa capacidade de recuperación de envases e de produción de enerxía. O Consello tamén decidiu devolverlles aos funcionarios outro 25 por cento da paga extra suprimida no 2.012, co que xa terán recuperada a metade // O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro presenta hoxe no xulgado a documentación que acredita a forma en que pagou o seu piso en Lugo. Unha documentación que, ao seu entender, certifica que non existiron irregularidades. 06/08/15