Naufraxio dun palagreiro galego en augas próximas ás Illas Fiyi, no Pacífico, que se salda cos 19 tripulantes a salvo. O barco permanece escorado, tras sufrir unha colisión cun banco de area que lle provocou unha vía de auga | O Ministro do Interior estivo hoxe en Pontevedra.... onde presidíu a entrega dos galardóns do Plan director para a convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, que distinguiron, entre outros, ao Colexio Toural de Vilaboa | O investigador coruñés Cesar de la Fuente, pioneiro en empregar a Intelixencia Artificial para combater as superbacterias, consideradas un dos principais desafíos para o futuro da humanidade. Afincado na universidade de Pensilvania, Publica hoxe os resultados dun traballo destacado na comunidade científica internacional | A triatleta e actual campiona paralímpica Susana Rodríguez amosa, en Vigo, o seu orgullo por ser unha das nove deportistas de todo o mundo elixida pola emprega fabricante das bonecas Barbie, para celebrar o seu 65 aniversari