Investigado por 21 homicidios imprudentes, O patrón do Villa de Pitanxo declara na Audiencia Nacional. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivente, ofrecen a sua versión, clave para averiguar cómo ocorreu o naufraxio. Mentres os familiares reclaman xustiza dende Galicia. // Os casos activos de Covid rexistran hoxe unha baixada significativa, son 8.065, case mil menos que o sábado, o último día no que se ofreceron datos. Aumentan a 462 os pacientes ingresados, 41 máis, e son 23 os que permanecen nas UCI. // A vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz, de visita en Ames, aposta por aplicar un imposto extraordinario ás eléctricas e ter en conta a renda de cada cidadán nos descontos da gasolina. // 06-06-22