Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais. O alcalde daraos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14