O Goberno Central mantén o seu criterio de reparto de menores inmigrantes non acompañados entre as comunidades autónomas, tras non chegar a acordos na comisión sectorial. A Xunta asegura non ter capacidade para acoller aos 326 que lle corresponderían a Galicia | O Parlamento rexeita unha iniciativa do BNG para que a contratación pública inclúa cláusulas sociais, medioambientais e de igualdade | En abril creáronse 8.000 postos de traballo en Galicia, co que as persoas desempregadas na nosa comunidade sumaban algo máis de 115.500 | A economía galega medrou nun 3 % interanual no primeiro trimestre do 2025 | Mercar e rehabilitar casas e palleiras centenarias en ruínas para convertelas en apartamentos de aluguer social. É a medida que puxo en marcha o concello ourensán de Parada de Sil para fixar poboación | Xornada anómala na lonxa de gando de Silleda. O gran mercado comezaba hoxe a poxa cun sistema dixital similar ao das lonxas de pescado. Todo funcionou con normalidade pero a sorpresa ch