Familiares, amigos e forzas da orde buscan, en Ourense a Socorro Pérez,  de 43 anos,  da que nada se volveu saber dende a tarde do pasado sábado cando a viron sair da casa, no barrio do Couto. No seu entorno coidan que a desaparición non foi voluntaria. Buscana tamen no Miño ao seu paso pola cidade.   Uns ladróns provocaron importantes danos nun colexio da localidade coruñesa de Dodro. Destrozaron as portas e levaron ordenadores e equipamentos e tamén colleron os mil euros que o centro gardaba para unha excursión dos pequenos.    Aumentan as ofertas  de emprego para titulados universitarios, sobre todo nas especialidades de enxeñeiría industrial e informática. En Europa son máis demandados os titulados en profesións sanitarias, segundo un foro de emprego que se desenvolve en Vigo. Namentres os decanos de humanidades alertan sobre o declive deste tipo de estudos, nos campus de toda España. (06/05/15)