Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego. Unha baixada que se notou sobre todo no sector servizos, e a hostalería, polas contratacións de Semana Santa. A Xunta celebra os datos e dí que son os mellores dende 1996 // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos. Unha superioridade feminina que é posta de manifesto por un informe do Ministerio e no que as alumnas de bacharelato galegas figuran á cabeza en canto a superioridade sobre os varóns // Unha muller resultou ferida  esta mañá en Vigo ao ser atropelada polo seu propio coche que se botou a andar sen freo por unha rúa costenta do centro da cidade. Dentro do turismo ía unha nena, neta da ferida, segundo testemuñas da zona, que resultou ilesa. O coche foi parar contra outros turismos sen causar máis danos. 06/05/14