A ampla comunidade de inmigrantes venezolanos que viven en Galicia están hoxe máis pendentes ca nunca do seu país, logo da morte do presidente, Hugo Chávez.No Consulado de Venezuela en Vigo, a bandeira ondea cun crespón negro // Pescanova recupera a sua cotizacion na Bolsa, revalorizandose ata un 30% respecto das fortes caidas dos dous ultimos dias. A multinacional galega acumulara este luns unha baixada do 50% despois de presentar un preconcurso de acreedores, por falta de liquidez // Un erro na súa tramitación e a aplicación da Lei antitransfuguismo frea a moción contra o alcalde nacionalista de Vimianzo, promovida por concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE, o PP e independentes. Os promotores recorrerán aos tribunais para tratar de seguir adiante con ela. A expulsión do partido de dous concelleiros socialistas motivou o fracaso da moción. 06/03/13