O Supremo anula a inhabilitación imposta a Rafael Louzán pola Audiencia de Pontevedra. Fora considerado autor dun delito de prevaricación cando era presidente da Deputación e condenado a sete anos de inhabilitación | Protestas nos hospitais públicos de Galicia contra as agresións a sanitarios. Na do Chuac, na Coruña, vivíronse momentos de tensión | Os mariscadores de Noia estudan querelarse coa hidroeléctrica Naturgy pola mortaldade do marisco da ría. Insisten en que se reduciría controlando a apertura das comportas do encoro do Tambre | Santiago acolle a diversos artistas polo 60 aniversario do graffiti contemporáneo. Entre eles Cornbread, un dos precursores do graffiti contemporáneo