Entran encapuchados nun bar de Carballo e matan dun tiro na cabeza a José Luís Alvarado, dominicano de 33 anos, e cun amplo historial delictivo, que se atopaba alí como cliente. A Garda Civil busca aos autores, que, sospeitan, actuaron por encargo | A ponte festiva arranca cunhas previsións de ocupación turística un tres por cento por riba do ano pasado no conxunto de Galicia, e que son especialmente altas en Vigo e a sua contorna, coas luces de nadal como atractivo. Os hoteis sen apenas prazas libres e cos restaurantes reforzando persoal | Cúmprese un ano da vertedura de diminutas bolas de plástico que chegaban de forma masiva ás praias da ría de Noia, procedentes do buque Toconao. A Xunta mantén a reclamación ao goberno central de case dous millóns e medio de euros que, di, custou a limpeza dunhas cinco toneladas de material| A Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, e considerada como unha da mellores de España, denuncia estar a atravesar unha difícil situación económica