É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. Captounas un robot para tentar de esclarecer por que naufragou. No naufraxio, o máis letal dos últimos 50 anos, morreron 21 tripulantes | A xuíza de Santiago decreta prisión provisional sen fianza para o condutor acusado de atropelar mortalmente un peón no barrio de Conxo | Familias galegas de afectados por enfermidades neurodexenerativas e profesionais puideron coñecer na Coruña o funcionamento do primeiro exoesqueleto infantil do mundo | O Centro Dramático Galego presenta a que será a súa nova estrea: Run Baby Run, unha obra da escritora valdeorresa Fátima Delgado que trata sobre discriminación de xénero no deporte. 05-10-2023