Os medios aéreos intensifican a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra, entre os concellos de Entrimo e Lobeira. É un dos maiores incendios do que vai de verán, iniciado o martes en Portugal. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | a Xunta rebaixa á practicamente a metade as cifras aportadas polo ministro Oscar Puente sobre o custe que suporía rescatar a Ap9. colas A operación non superaría os 2.335 millóns de euros, que habería que pagar á empresa concesionaria, e non os 4.000 dos que falou o ministro, segundo un informe aportado hoxe pola conselleira de Infraestructuras. A transferencia das competencias da Autoestrada á Xunta suporía, segundo este estudo, uns 500 millóns de euros para as arcas do Estado | Arranca a vendima no Salnés, na Denominación de Orixe das Rías Baixas, con dificultades para atopar man de obra dispoñible, sobre todo para as