Media Galicia vai estar esta tarde en aviso por altas temperaturas, que serán especialmente elevadas no sur, no val do Miño e no litoral de Pontevedra. Na provincia de Ourense rexistráronse onte as temperaturas máis altas de España, preto de 43 graos | A Xunta elevou a nivel vermello o aviso, polas consecuencias que pode ter a calor para as persoas máis vulnerables. En Pontevedra, as fontes ornamentais que estaban pechadas para aforrar auga, volven funcionar para que contribúan a baixar a temperatura | Os transportistas de mercadorías inician os trámites para que lles devolvan as peaxes pagadas na AP9, tralo pronunciamento da Unión Europea que cuestiona a legalidade das prórrogas da concesión da autoestrada | A DGT agarda controlar durante esta semana a velocidade de 120.000 vehículos en Galicia. Ir máis rápido do debido causa un de cada cinco accidentes de tráfico mortais. Na mesma operación especial de Tráfico do ano pasado, puxeron máis de 900 denuncias ao día