Cambio forzoso na consellería do Mar despois de que Alfonso Villares dimitira por sorpresa por estar investigado nun presunto caso de agresión sexual. A súa sucesora, Marta Villaverde, ten experiencia no departamento dende hai máis dunha década | A última xornada da PAU se desenvólvese no medio da polémica polo exame de Bioloxía. Ademais das protestas dos estudantes, a asociación de directores de secundaria presentou unha reclamación para avaliar a dificultade do exame | Récord de expositores na semana verde de Galicia que arrinca hoxe en Silleda. Esta edición é a máis internacional dos últimos 20 anos, con máis de 150 marcas estranxeiras | Leva case medio século nos escenarios. Ariel Rot, unha das estrelas internacionais do rock máis populares, recala hoxe en Santiago cun espectáculo no que repasa a súa carreira
