As forzas de seguridade de Galicia apreixaron catro mil kilos de cocaína no que vai de ano // Especialistas da Garda Civil reconstruirán o grave accidente ocorrido hai unha semana na AP-9 en Vigo, no que morreron tres mozos // Tratar de vivir unha semana sen usar envases de plástico é o reto que propón unha plataforma para chamar a atención sobre o grave problema ambiental que causan estes refugallos // A só un partido para o final da liga en Segunda División, o Dépor entra en postos de promoción de ascenso e o Lugo certifica a permanencia // Cristina Pato dirixirá o próximo curso a cátedra da Universidade de Nova Iork para divulgar a cultura española. (05/06/19)