123 praias e 18 portos. Galicia volve situarse este ano á cabeza das comunidades do estado en número de bandeiras azuis. En total 141. Son nove menos que en 2015, o que pode ser debido a que cada vez os requisitos son máis esixentes e precisan investimentos para manter o nivel // A Garda Civil vai reforzar este verán o número de efectivos nas zonas turísticas, sobre todo no sur de Galicia, onde colaborará coa policía portuguesa, con patrullas mixtas principalmente en Baiona e Sanxenxo. Tamén aumentará os efectivos nas zonas coruñesas de Sada e Oleiros onde se rexistrou unha vaga de roubos en vivendas // Remataron a folga de fame as tres familias de Vigo ameazadas de desafiuzamento. Unha delas aceptou trasladarse a unha vivenda en Salvaterra. Mentres segue o cruce de acusacións entre a Xunta e o concello de Vigo sobre incumprimentos e competencias en materia de vivenda. 05/05/16