A Semana Santa, vive a sua maior intensidade en localidades como Viveiro e Ferrol, con procesións declaradas de interese turístico internacional. // As listas de espera seguen a aumentar na sanidade galega, con 50.000 doentes máis que antes da pandemia, segundo datos do Ministerio de Sanidade. Galicia é a terceira comunidade coa menor espera media. // 25 quilos de heroína intervidos, que no mercado se convertirían en 65 quilos,e en milleiros de doses cun valor dun millon e medio de euros. É o resultado da Operación Matoxo, levada a cabo pola Policía Nacional de Pontevedra. Hai unha parella detida, dous veciños de Nigrán que xa están en prisión. // A rotura dunha balsa mineira no concello de Frades provoca unha vertedura que chega o rio Tambre. Augas de Galicia asegura que non está en risco o subministro aos 12 concellos que empregan o cauce para captar a auga da traída, entre eles S