Polos xulgados de Tui comezaron a pasar os primeiros perxudicatos e testemuñas que prestarán declaración dentro do proceso aberto trala supresión da denominada seita dos miguelianos. Hoxe prestaron declaración os dous primeiros, dos 21 que se agarda que pasen ante o xuiz // O Presidente da Xunta anuncia que a nova depuradora de augas residuais de Vigo estará en funcionamento antes de fin de ano e sinala que a Unión Europea acaba de aportar 115 millóns de euros para o sanemento das Rías // Xulgan na Coruña a un home acusado de utilizar a menores para elaborar material pornográfico e distribuilo. Entre as súas vítimas están tres nenos da súa propia familia de 3, 6 e 7 anos.O fiscal pide para o acusado oito anos e medio de cadea e 18.000 euros de indemnización para as vítimas. 05/04/16