Seis enfermeiras e un garda de seguridade resultaron feridos leves nun novo episodio de violencia no CHUAC. Nesta ocasión tivo lugar no servizo de neuroloxía. O persoal queixa de falta de seguridade un mes despois dunha agresión en urxencias no que un traballador quedou ferido de gravidade | Marcha de 21 km para denunciar a ‘psiquiatrización’ dos centros de maiores. Os traballadores dunha residencia de Santiago visibilizan así a súa denuncia de falla de medios, persoal e formación, para atender a usuarios con enfermidades mentais | José Ramón Gómez Besteiro confirma que repite candidatura á Xunta de Galicia. O PSdeG debaterá a folla de ruta no Congreso da vindeira fin de semana. Está previsto que Pedro Sánchez peche o encontro | Aberta a convocatoria para solicitar as axudas das PAC. Inclúen liñas para criadores de razas autóctonas e para explotacións ecolóxicas |As mulleres do rural reclaman un estatuto propio para combater as discriminacións por xénero. Aseguran que no seu eido se ag